O venres 18 de decembro tivo lugar na Casa da Cultura de Cuntis a presentacion oficial do folleto da ruta de sendeirismo da ponte do ramo.
Grazas á Concellaría de Turismo do Concello de Cuntis puido levarse a cabo este acto no que se presentou ademais o folleto doutra senda e informouse das obras que vai acometer o concello no lugar de Gumiarei para a creación dunha zona de lecer e unha pequena senda fluvial segundo anunciou Belén Pazos.
Dende agora a Senda Peonil da Ponte do Ramo (PRG-123) promovida por esta asociación, conta cun folleto explicativo que vai ser distribuído pola Concellaría de Turismo entre as oficinas de turismo e os establecementos turísticos da comarca.
Como non podía ser doutro xeito, o día amenceu nubrado e cunha fina néboa alta que ameazaba por veces cun orballo suave, unha típica estampa dun día de outono galego.
Isto non frenou os ánimos dos moitos camiñantes que alí se deron cita e que convertiron un día gris nunha data para lembrar por todo o que alí se viviu.
Dende a Asociación OPortavezal queremos pois darvos as grazas a todos os que alí estivestes e tamén agradecer á Tte. Alcaldesa a súa colaboración e aportación para que a inauguración da Senda Peonil da Ponte do Ramo resultara un éxito.
Grazas tamén a Xosé e a Alex Ghalpon por este magnífico documento gráfico e sonoro
A Asociación Veciñal e Cultural O Portavezal ten o pracer de convidalo á inauguración da Ruta de Sendeirismo da Ponte do Ramo a celebrar o día 10 de outubro de 2009.
Trátase dunha ruta de pequeno percorrido (aproximadamente 7 km) pero cun grande valor tanto natural e paisaxístico coma no referente ao patrimonio cultural. Así, durante a marcha pola senda, camiñaremos por riba das pedras dunha antigua vía romana e camiño real, observaremos o xacemento arqueolóxico dos Petroglifos de Cequeril e terminaremos paseando pola beira do Río Umia onde poderemos gozar ademais da beleza da súa paisaxe, dos antiguos muíños que atoparemos na ruta.
PROGRAMA
10:30 Saída dos participantes dende o punto de encontro en Vilar de Mato (Cuntis).
11:30 Parada nos Petroglifos de Cequeril que inclúe unha visita didáctica guiada.
13:00 Chegada á area de lecer do Portavezal no Río Umia. Actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis.
13:45 Xantar popular na beira do Río Umia.
Para asisitir ao xantar é necesario confirmar asistencia no correo electrónico oportavezal@gmail.com ou no teléfono 646138434 antes do día 6 de outubro. O prezo do menú son 15 euros para adultos e 10 euros para nenos menores de 10 anos e inclúe: empanada, churrasco, postre, café (con licor) e bebidas variadas.