A Asociación Veciñal e Cultural O Portavezal ten o pracer de convidalo á inauguración da Ruta de Sendeirismo da Ponte do Ramo a celebrar o día 10 de outubro de 2009.

Trátase dunha ruta de pequeno percorrido (aproximadamente 7 km) pero cun grande valor tanto natural e paisaxístico coma no referente ao patrimonio cultural. Así, durante a marcha pola senda, camiñaremos por riba das pedras dunha antigua vía romana e camiño real, observaremos o xacemento arqueolóxico dos Petroglifos de Cequeril e terminaremos paseando pola beira do Río Umia onde poderemos gozar ademais da beleza da súa paisaxe, dos antiguos muíños que atoparemos na ruta.


PROGRAMA

10:30 Saída dos participantes dende o punto de encontro en Vilar de Mato (Cuntis).

11:30 Parada nos Petroglifos de Cequeril que inclúe unha visita didáctica guiada.

13:00 Chegada á area de lecer do Portavezal no Río Umia. Actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis.

13:45 Xantar popular na beira do Río Umia.

Para asisitir ao xantar é necesario confirmar asistencia no correo electrónico oportavezal@gmail.com ou no teléfono 646138434 antes do día 6 de outubro. O prezo do menú son 15 euros para adultos e 10 euros para nenos menores de 10 anos e inclúe: empanada, churrasco, postre, café (con licor) e bebidas variadas.

Agardámoste!!

TrackBack URI | RSS feed for comments on this post


Leave a reply

 
Credit Card Blog