Quen somos

Creada a principios do ano 2008, a Asociación Veciñal e Cultural O Portavezal ten o seu domicilio social no número 8 de Vilar de Mato, no Concello de Cuntis.

Os fins principais da asociación son levar a cabo as accións necesarias para a protección, conservación e restauración do patrimonio natural e cultural e promover o desenvolvemento de medidas destinadas á mellora da calidade de vida da poboación asentada no seu territorio.

Para dar cumprimento aos seus fins, a asociación ven de rematar recentemente, e como primeira actuación importante, un proxecto de creación dunha ruta de sendeirismo.

Neste proxecto incluíronse intervencións tan importantes para o noso patrimonio como a restauración de catro muíños así coma o acondicionamento da beira do río Umia .