Senda Peonil Ponte do Ramo PR-G 123

Folleto ruta

Trátase dunha ruta de pequeno percorrido, aproximadamente 6,5 kilómetros, e de deseño circular, que ten como inicio e fin do sendeiro a Ponte do Ramo. A pesar de non ser moi longa ten unhas grandes posibilidades se queremos ampliar a marcha xa que enlaza nun tramo coa PR-G 2O (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia).

A senda, no seu comezo, discorre pola beira do Umia. Río arriba pódense contemplar varios muíños* de auga, atravesar regatos, gozar das sombras das frondosas árbores que abundan no camiño e mesmo descansar nunha área de lecer.

A continuación, a ruta chega a aldea de Vilar de Mato onde se camiña por riba da vía romana que percorre o lugar para, flanqueados por carballos e ameneiros, atravesar despois o Regato do Foxo en dirección ao conxunto dos Petroglifos de Cequeril.

Tras contemplar os gravados rupestres encararase monte abaixo o tramo final da senda que remata de novo na Ponte do Ramo.

COMO CHEGAR:

Dende a localidade de Cuntis collemos a estrada PO-8402 en dirección a Cequeril e despois de 6,5 km aproximadamente, chegaremos á Ponte do Ramo onde xa se albiscan as sinais indicativas da ruta.

Coordenadas GPS: 42.603394,-8.528119

DATOS TÉCNICOS:

*Para poder ver os muíños por dentro e incluso observar un deles en funcionamento, contactar coa asociación na dirección de correo oportavezal@gmail.com.

 
Household